A andaina de Nadal de Cea acolle a máis dun centenar de participantes

O concello de San Cristovo de Cea e a Indicación Xeográfica Protexida do Pan de Cea organizaron onte domingo a Andaina de Nadal. Esta iniciativa contou con máis dun centenar de participantes, a gran maioría veciños da contorna pero tamén algúns doutras provincias. En total, percorreron camiños e sendeiros de 12 quilómetros deste concello, cunha ruta especialmente pensada para as familias.

Esta iniciativa ten a finalidade de potenciar o seu produto típico, o pan de Cea. Así, a andaina rematou cunha degustación de tapas e produtos típicos e tamén cun agasallo. Trátase da terceira edición desta andaina, unha versión reducida da andaina solidaria que organiza este concello.

AVANTAR ACTIVIDADES