Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 98 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.682. A presión asistencial descende lixeiramente. Hoxe hai 74 (+1) persoas na UCI, e 251 (-6) ingresados nos hospitais.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 8 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 4 casos, ata os 186 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade aínda que con un leve repunte en pranta, contando con 24 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1) na UCI.
PUBLICIDADE