Avión volve subir ós 17 casos e Ribadavia baixa notablemente ós 10 contaxios

No Ribeiro,  Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, e hoxe volve a sumar casos activos, recuperando os 17 casos. Ribadavia descendeu esta fin de semana, baixando ata os 10 casos hoxe.

Publicidade

Carballeda de Avia e Castrelo de Miño presentan dous casos activos cada un deles. Cenlle, Leiro e Melón presentan un caso cada un. E Arnoia, Beade e Cortegada están libres de covid.