Maside e Beade quedan en nivel máximo de restricións. O Carballiño e Ribadavia en nivel medio

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do subcomité clínico.

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións. Isto supón o peche perimetral, o peche total da hostalaría salvo servizo para levar e a prohibición de reunións con non conviventes.

Publicidade

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de O Carballiño e Ribadavia entre outros. Isto supón a mobilidade permitida con todos os concellos salvo os de nivel máximo, reunións ó aire libre con máximo seis persoas e en interiores de máximo 4 persoas, pero prohibidas en domicilios e aforo interior da hostalaría do 30% e exterior do 50% e peche ás 21:00 horas.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.