Entrega do Ágora de Orcellón a Manuel Gallego Jorreto

Na casa da cultura do Carballiño tuvo lugar o acto de presentación da revista Ágora de Orcellón e a entrega do premio ao arquitecto carballiñes Gallego Jorreto Diversas personalidades estan presentes O Presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses Avelino Muleiro saúdou os presentes dando comenzo o acto

Publicidade

Dase a circustancia que é o segundo galardón que recibe en apenas unhas semanas Gallego Jorreto, xa que ven de recibir recentemente o premio nacional de arquitéctura, por segunda vez na súa traxectoria profesional.

O xurado do “Ágora do Orcellón” acordou por unanimidade outorgarlle este recoñecemento “valorando a súa obra arquitectónica en Galicia, a súa profesionalidade como mestre na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e o respecto ao medio ambiente nos seus proxectos”.

No Carballiño, onde Gallego Jorreto é o autor do proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de papel, ten pendiente de iniciarse a tan agardada obra de ampliación e modernización do balneario.

Ademáis, coincidindo co acto solemne de entrega deste premio na casa da cultura, no que a laudiatio ao homenaxeada foi ofrecida polo escritor e académico Xesús Alonso Montero, presentouse o número 36 da publicación do Instituto de Estudios Carballiñeses “Ágora do Orcellón”, dedicada de forma monográfica a Manuel Gallego Jorreto.