A Xunta destaca a súa aposta polo termalismo na inauguración do XVI Encontro de Vilas Termais en Arnoia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén asistiron esta mañá á inauguración do XVI Encontro de Vilas Termais celebrado no Balneario de Arnoia, onde Nava Castro destacou o compromiso do Goberno galego polo o termalismo.

A directora de Turismo indicou que o turismo termal ofrece o que hoxe demandan os turistas, un turismo tranquilo e sen aglomeracións, de aí o auxe na nosa comunidade do turismo termal. “Grazas a todo isto, Galicia é hoxe un dos principais destinos termais de España e tamén a nivel internacional, xa que é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais”, destacou Nava Castro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante a súa intervención, amosou o compromiso do Goberno galego co termalismo, co Plan de Vilas Termais e Cascos Históricos que pivotará arredor do desenvolvemento do termalismo galego como elemento diferencial da oferta turística galega que permita o desenvolvemento do rural e dos destinos urbanos. a través dunha oferta turística única e de calidade.

O termalismo é un produto turístico estratéxico para Galicia. Galicia é líder neste recurso tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidade, polo que, neste sentido, Nava Castro destacou a creación dunha área de Turismo Termal en Ourense, a través da cal se impulsará a modernización das infraestruturas existentes, diversificar o sector. para captar novos segmentos de poboación, promover a integración do termalismo galego nos proxectos europeos de turismo de saúde e a creación dunha marca propia que identifique o turismo termal galego, entre outros.

“Somos líderes en número de establecementos deste tipo con Q de Calidade Turística. En concreto, máis do 20% dos balnearios españois distinguidos con esta distinción están en Galicia, o que é un orgullo para todos”, concluíu a directora de Turismo.