Ourense reduce a ocupación da UCI ata as seis persoas ingresadas

A comunidade galega rexistra hoxe 74 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende nesta xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.249, preto de 200 casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 37 (-5)  están en UCI e 112 (-4) en unidades de hospitalización.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 9 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 351 (-16) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 14 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-2) na UCI.