Dacón recupera a súa Ruta Cabalar dentro das actividades das festas da Santa Rita

Onte domingo tiña lugar o primeiro dos eventos que se celebran dentro das festas na honra de Santa Rica, en Dacón. Tratouse da cuarta edición da Ruta Cabalar, no campo da Eiriña Nova, despois de dous anos de pandemia nos que se viron obrigados a non celebralas. Un dos organizadores deste evento, Rody González, falounos de como se iniciou este evento.

O evento, que reuniu a uns 90 xinetes, consistiu nunha ruta de 20 quilómetros polos pobos da contorna e xantar popular durante a mañá. Pola tarde, concurso de andadura, trote e galope e entrega de premios os gañadores, ademais de varios sorteos e premios. A pesar de que o tempo non acompañou, o evento gozou dun éxito de participación, mantendo a tradición un ano máis.

AVANTAR ACTIVIDADES