A asociación Plan B do Carballiño levará o día dos mortos mexicanos a Ourense

A Asociación Plan B do Carballiño será unha das agrupacións que forme parte do amplo programa de Halloween do concello de Ourense, que congregará a máis de 300 actores para ofrecer as actividades máis escalofriantes.

Neste caso, os carballiñeses colaborarán con varios grupos mexicanos de Vigo para dar vida ó “Día de mortos á mexicana”, unha maneira diferente de vivir esta tradición. Para falarnos máis sobre o que están preparando, está hoxe con nos Darío Rodríguez, membro do grupo Plan B.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento será o próximo luns, día 31, en horario de tarde, na praza Padre Feijóo de Ourense. Ademais, terán un desfile de catrinas mexicanas e piden voluntarios para esta actividade.