O BNG non participa no pleno na Entidade Local Menor de Berán por ser convocados con 12 horas de antelación

IES CHAMOSO LAMAS

A vogal do BNG na ELM de Berán, Purificación Álvarez Vázquez, levantouse e non participou do pleno da entidade deste Mércores día 16 de Setembro, asegurando ser convocada con menos de 12 horas de antecedencia da celebración do mesmo.

Desde o BNG entenden este feito como unha falta de transparencia inxustificada, a convocatoria con tan pouca marxe para poder preparar os puntos da sesión. Consideran esta manobra unha mostra do pouco respeto que o actual presidente do organismo ten co grupo e por tanto decidiron non participar da votación de ningún dos puntos fixados.

HIPER MASIDE

Piden ao presidente que convoque o pleno para o mes de Outubro, como estaba establecido no regulamento e esixen que os informe con un mínimo de 24 horas de antecedencia, para poder facer o seu traballo co debido tempo.

Por último, tamén consideran que a veciñanza ten que ser informada da convocatoria das reunións ordinarias con antecedencia suficiente para poder asistir. Denuncian a falta de anuncios nos diferentes paneis que existen ao longo da parroquia.