Hoxe dia 10 de xullo, ás 14 horas, finaliza o prazo para presentar o voto por correo

O solicitante do voto por correo ten de prazo ata mañá venres, 10 de xullo, ata as 14:00 da tarde para depositar o sobre so seu voto en calquera dos cerca de 8.600 puntos de admisión de Correos en toda España. Correos recomenda ós ciudadanos utilizar a amplitude horaria das oficinas para evitar aglomeracións.

Publicidade

Correos admitiu ata esta semana un total de 76.900 solicitudes de voto por correo en toda Galicia para estas eleccións autonómicas. En 2016, presentáronse máis de 46.000, así que a cifra de aumento estímase nun 66%. Ata o pasado 3 de xullo, Correos entregou 67.000 solicitudes nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral en Galicia, delas 10.390 na provincia de Ourense.

Do total de solicitudes, o 88% (67.975) presentáronse de forma presencial, e o 12% restante de forma telemática.