O cine club retoma as proxeccións co filme “First cow” este venres

IES CHAMOSO LAMAS

O cine club retoma as proxeccións habituais este venres día 5 de novembro coa proxección do filme norteamericano “First cow”, dirixido por Kelly Reichardt, premiada como mellor película do ano polo Círculo de críticos de N.Y., ademais de numerosísimas nominacións noutros premios e festivais internacionais. Trátase dun peculiar western, no que se reflexiona sobre a amizade con humor e unha enorme sensibilidade que se traslada a cada plano da película.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 en VOS, neste caso cos subtítulos en galego. 

HIPER MASIDE