A multiculturalidade dos folclores do mundo conquista ao público nos Festivais de Maceda e Verín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O colorido dos traxes tradicionais e os ritmos dos seis países participantes nas Xornadas invadirán hoxe as vilas ourensás de Maceda e Verín

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Alameda de Entrimo será mañá, a partir das 20,30 horas, o escenario para as actuacións dos grupos de Colombia, Taiwán e Serbia

O segundo evento de mañá, xoves, será na Praza Maior de Viana do Bolo con México, Senegal e Panamá, ás 22,30 horas

Ourense, 14 de agosto de 2024.

Maceda recibirá hoxe os ritmos e as danzas que contan as tradicións e a historia dos pobos asentados en Panamá, Senegal e México. O público asistente poderá disfrutar dunha ocasión especial para descubrir outras culturas, unidas nestas Xornadas pola paixón común polo folclore.

O segundo Festival do día terá como escenario o Parque da Preguiza, en Verín. Tres países – Colombia, Taiwán e Serbia- procedentes de tres continentes, amosarán aos asistentes a riqueza das súas danzas, resultado dun intenso traballo de investigación.

A noite comezará co grupo de Colombia, a Fundación Ballet Folclórica de Nobsa, que foi fundada en 2014 co obxectivo de motivar a nenos, mozos e adultos de 5 a 60 anos. Os seus bailes recrean o impacto da historia colombiana en escenarios rexionais e tentan reflexar o papel da danza no país, definida por diferentes culturas. Todas deixaron un importante legado, expresando a través dos bailes as súas crenzas, vivencias e pervivencias de feitos antigos que marcan as súas raíces, independentemente da clase social e racial (mestizos, negros, mulatos).

Seguidamente subirán ao escenario o grupo de Taiwán Yuan Yuan Dance Group e pecharán a noite os serbios de Kud Srem.

As Xornadas de Folclore están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Mañá, 15 de agosto:  Entrimo e Viana do Bolo

As músicas e danzas dos seis países participantes nesta XXXIX edición das Xornadas continúan mañá a súa viaxe pola provincia ourensá. Colombia, Taiwán e Serbia chegarán á Alameda de Entrimo, ás 20, 30 horas.

En Viana do Bolo, a Praza Maior recibirá aos compoñentes das agrupacións procedentes de Panamá, Senegal e México.  A cita será ás 22,30 horas.