O concello de Ribadavia adapta as instalacións do pavillón do Consello

O alcalde do municipio, César Manuel Fernández, achegouse na xornada de onte para comprabar o avance das obras e o estado actual das instalacións. Estas medidas teñenen como finalidade principal adaptar este espacio para que sexa seguro sanitariamente e para que se poida garantizar o seu uso diario. Entre as reformas que se están a efectuar atópase a adaptación dos accesos para cumprir ca normativa e a construcción de novos almacéns de material para que os clubes que utilizan as instalacións piodan gardar as súas pertenzas de forma segura e independente.

Publicidade

Nesta visita aproveitou para falar cos xogadores do equipo de balonmán Carnes do Ribeiro Rebusca Ou, que xa comezaron os adestramentos para a nova tempada.