O concello de Boborás pide conciencia no depósito de lixo en lugares públicos

Dende a administración local asegura que xa é unha costume que se utilice a estrada da Ponte Nova de Brués como vertedoiro ilegal. Recordan a todos os veciños que o concello dispón dun servizo de recollida de enseres, que ademais é gratuíto. Para poder utilizalo, so hai que chamar o concello (988402008) e dar conta e logo a Deputación xa o vai recoller. Recordan que as veces poden tardar uns días, pola situación complexa na que estamos. Piden algo de paciencia e sobre todo conciencia, e que se evite na medida do posible ver estas situacións de vertedoiros ilegais no medio natural.