Carmen Rodríguez Dacosta do Psdeg insta á Xunta a elaborar con “urxencia” un diagnóstico das causas que provocaron a defoliación prematura do castaño

Publicidade ASPADISI

O Psdeg insta á Xunta a elaborar con “urxencia” un diagnóstico das causas que provocaron a defoliación prematura do castaño e axilice axudas aos produtores

Os socialistas piden tamén que se “axilice” a cuantificación dos danos e a habilitación dunha liña urxente de axudas económicas directas aos produtores de castañas afectados pola perda de produción

HIPER MASIDE

Carmen Rodríguez Dacosta destaca que a produción de castaña “é unha actividade fundamental para a economía de Ourense, pois estes ingresos son vitais para a dinamización socioeconómica desas zonas”

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da súa representante no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de presentar unha proposición non de lei na que instan ao goberno galego a que “con urxencia” elabore un diagnóstico exacto das causas que provocaron a defoliación prematura do castaño e a caída prematura do froito. Os socialistas piden tamén que se “axilice” a cuantificación dos danos e a habilitación dunha liña urxente de axudas económicas directas aos produtores de castañas afectados pola perda de produción.

O pasado 7 de novembro, os socialistas xa anunciaran en Riós diferentes iniciativas tanto a nivel municipal como autonómico para paliar os danos causados por un fungo derivado do chancro e que provocou unha perda de produción de entre un 70% e un 80% e un dano entorno aos 3 millóns de euros nas comarcas de Monterrei e Conso- Frieiras. Pois ben, agora chega esta iniciativa na que o PSdeG-PSOE de Ourense tamén insta á Xunta de Galicia a que se proceda a revisión do sistema de alertas fitosanitarias co fin de que se inclúan as patoloxías que están a afectar ao castiñeiros e se dean recomendacións oficiais ás persoas propietarias dos soutos, baseadas en criterios dos laboratorios e centros de fitopatoloxía.

Tal e como relata a parlamentaria socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, “os castaños enfermos detectáronse en Viana do Bolo, Riós, A Gudiña, Vilariño de Conso e A Mezquita”. A deputada autonómica do PSdeG-PSOE de Ourense relata que nestes municipios “as árbores presentan unha cor marrón, que provocou a perda das castañas, algo similar ao que xa aconteceu en Valdeorras”.

Rodríguez Dacosta destaca que a produción de castaña “é unha actividade fundamental para a economía da montaña de Ourense e Lugo, pois os ingresos que xera son vitais para a dinamización socioeconómica desas zonas”. Ademais dos problemas derivados do fungo ou da tradicional avispilla, a parlamentaria socialista pon o foco tamén “na falla de relevo xeracional e a despoboación que están a padecer as zonas do interior das provincia de Lugo e Ourense e que afectan directamente ao sector”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense lembran que o grupo parlamentario do PSdeG xa presentou no seu momento unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia, na que solicitaban que se habilite esta liña de axudas que agora volven a reclamar. Os socialistas tamén instan á Xunta a que active o funcionamento da mesa da castaña, que se realicen cursos de formación por parte dos centros de formación e experimentación agroforestal, coordinados cos distritos forestais e oficinas agrarias, no uso sostible das masas de castiñeiro tanta para froito como para madeira.

Os socialistas aproveitarán o debate na comisión de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes para preguntarlle ao goberno galego que “se leva feito do plan estratéxico durante este ano ou que medidas se prevén tomar en relación con esta enfermidade de gran virulencia”.  “A elaboración do plan estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña en Galicia non pode quedar nunha mera declaración de intencións do decreto 140/2021 e o goberno galego ten que asumir o compromiso de polo en práctica neste quinquenio”, finaliza Rodríguez Dacosta.