Proxección de ” O que arde”

IES CHAMOSO LAMAS

Este venres día 17 de xaneiro proxectarase no Auditorio Manuel María do Carballiño o filme O que arde, do galego Oliver Laxe. Trátase da súa terceira película de ficción coa que non só acadou o favor da crítica como nas anteriores, senón tamén neste caso o do público, converténdose nunha auténtica sorpresa a nivel de taquilla no noso país, sobre todo se temos en conta que se trata dunha producción independente de pequeno orzamento. Gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cannes, con catro nominacións aos premios Goya, entre elas a de Mellor Película e Mellor director, Mellor película e director no pasado Festival de Mar del Plata, está chea de imaxes deslumbrantes cun espectacular traballo de fotografía a cargo de Mauro Hercé e conta coas actuacións de dous “amateurs” como Benedicta Sánchez e Amador Arias que enchen de sentido aos seus personaxes. Un filme altamente recomendable. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas.
O que arde venres, 17 Xaneiro 20:00 e 22:30

FICHA DA PELICULA