O PSOE do Irixo pide a creación de franxas secundarias fronte ós lumes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo Socialista do Irixo insta ó concello á creación de franxas secundarias de seguridade de bosques autóctonos fronte ó lume nos pobos. Faino a través da presentación dunha moción para o seu debate no próximo pleno.  

Lamentan os socialistas que remate o inverno sen que o grupo de goberno poña en marcha unha soa iniciativa para facer fronte os lumes do verán.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aseguran que existen graves carencias de medios que xa se puxeron de manifesto no incendio que afectou ó concello en xuño de 2015 e este pasado verán 2022.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha nova MOCIÓN INSTANDO Ó CONCELLO Á CREACIÓN/FOMENTO DE FRANXAS SECUNDAREAS DE SEGURIDADE DE BOSQUES AUTOCTONOS DE FRONDOSAS FRENTE O LUME NOS POBOS DE O IRIXO.

Que existen graves carencias de medios que xa se puxeron de manifesto no incendio que afectou o noso concello en xuño de 2015 e este pasado verán 2022.

Que a creación de franxas secundarias de seguridades con arborado autóctono de frondosas FARÍA DE CORTA LUMES NATURAL DOS DISTINTOS POBOS e podería evitar no futuro que o lume chegase as vivendas da veciñanza do Irixo.

Os socialistas na súa moción plantexan;

Que o Concello de O Irixo cos seus propios medios e/ou a colaboración de outras administracións, proceda Á CREACIÓN/FOMENTO DE FRANXAS SECUNDAREAS DE SEGURIDADE DE BOSQUES AUTOCTONOS DE FRONDOSAS FRENTE O LUME NOS POBOS DE O IRIXO coa entrega de arbores autóctona de frondosa (carballos, castiñeiros, bidueiros, érbedos, etc… ) a veciñanza con parcelas nas franxas secundarias de seguridades dos pobos que as teñan perfectamente limpas cunha correcta xestión da biomasa e libre de árbores non permitidas como eucaliptos ou acacias conforme a lei de prevención de incendios forestais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------