Ribadavia inaugura mañá con dúas películas o ciclo de cine ‘Mestre Mateo’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Casa da Cultura do Carballiño acolle dende mañá, sábado, a programación do ciclo de cine ‘Mestre Mateo’ cunha dobre sesión de proxeccións ás 17,30 e ás 20,30 horas. Na primeira ofrecerase o filme “Os espazos en branco”, cun argumento que conta que Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña cinco anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo. Na segunda quenda, proxéctase na Casa da Cultura a película “Matria”, adicada a todas aquelas “mulleres que sosteñen o país na sombra”. O espertar dunha traballadora galega que loita polo seu porvir, por crecer persoalmente e por romper con todas as barreiras que a asfixian.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Ciclo Mestre Mateo é un circuito de cinema galego que exhibe nos lugares que forman parte da rede de salas as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo. Grazas a el unha variada selección de películas serán proxectadas en Ribadavia entre o día 9 e o 24 de novembro. Filmes galegos que van dende os dramas ata as comedias e incluso documentais nunha iniciativa que serve para achegar a cultura cinematográfica a vilas sen salas de cine e, ao tempo, para pór en valor do audiovisual feito en Galicia. Este ciclo é unha oportunidade para os ribadavienses de gozar da creatividade, calidade e diversidade do audiovisual galego. Unha programación que abrangue dende o drama ata a animación ou terror, sempre con historias que reflicten a cultura, contorna e sociedade galega.