O Carballiño acolle esta semana a 3ª edición do obradoiro cardiosaudable

IES CHAMOSO LAMAS

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras deu comezo na xornada de hoxe a terceira edición do programa de conferencias cardiosaudables. Os obradoiros son de entrada libre, salvo para o do próximo sábado, que precisará inscrición.

Comezaron esta mañá explicando a programación dos próximos días, a cargo de Verónica Civeira enfermeira de familia e supervisora de crónicos; Melania Fraga, tamén enfermeira e Pablo Taboada, enfermeiro interno residente.

OZOCOgz Deseño Galego

Ademais, hoxe tivo lugar a 2ª andaina “Camiña cara a saúde”, que saíu do concello e fixo paradas con píldoras sobre saúde a cargo dos profesionais sanitarios e sobre doazón a cargo de Diego Rodríguez, enfermeiro coordinador de transplantes. Os obradoiros continuarán durante toda a semana.

Hoxe acompañou esta xornada inaugural a concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen destacou a importancia destas rutas saudables, que ademais de coidar a saúde nos permiten coñecer a contorna.

A subdirectora de enfermeiría deu os parabéns pola posta en marcha desta iniciativa e convidou a todos a participar nos obradoiros da semana, para todos os públicos.