O Rally de Clásicos e Antigos de Ourense fará parada na rúa Antonio Palacios do Carballiño con vehículos icónicos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os amantes do motor teñen unha cita esta fin de semana co Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que este ano chega a súa edición número 27 e tamén terá o concello do Carballiño como escenario. Tal e como explicaron dende a organización, está previsto que a saída se leve a cabo dende a Praza Maior de Ourense e que o primeiro coche chegue sobre as 18.00 horas á vila.

Realizarase no concello o reagrupamento dunha hora, hasta as 19.00 horas aproximadamente, entrarán pola rúa Evaristo Vaamonde e aparcarán na rúa Antonio Palacios. O percorrido finalizará cunha cena final de rally no Pazo da Almuzara, onde se entregarán os recordos e os trofeos do Rally.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase dunha ocasión idónea para que os afeccionados ao automobilismo poidan gozar dunha proba na que participarán vehículos de toda Galicia con modelos icónicos de décadas atrás.  Un  ano máis, o Rally de Clásicos e Antigos volve ao calendario e xa vai rumbo de cumprir tres décadas. Como é habitual, ofrecerase a modalidade de Regularidade e tamén de Ruta.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------