Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da Covid na Omix de Ribadavia

? Para persoas de 18 a 30 anos e con inscrición previa no mail omix.ribadavia@gmail.com.

É frecuente que cando estamos atravesando unha situación complexa, vivindo un momento de dificultade, ou experimentando un período de crise como a que ven acaecida pola Covid19, determinadas emocións e pensamentos negativos sexan os que ocupen o primeiro plano, ocultando todos os demais (fortalezas, oportunidades, potencialidades…). Percibimos as dificultades e ameazas asociadas a esa situación e adoitan aparecer pensamentos invasivos que dificultan a maneira de abordar esos episodios da forma máis obxectiva, racional e positiva.Os recursos que nos pode proporcionar a educación emocional, poden facer que esa situación mude completamente e incluso, o que nun primeiro momento se plantexaba como unha experiencia negativa, poida supor unha aprendizaxe que nos impulse cara a novos retos con maior fortaleza e recursos de xestión emocional.Obxectivos:- Descubrir a funcionalidade das emocións
– Entender a flutuación emocional como un proceso natural
– Impulsar ferramentas que contribúan á construción de recursos emocionais en
situacións de dificultade
– Adestrar a resiliencia como fortalecedor emocional.

AVANTAR ACTIVIDADES