Convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto en Maside

Hoxe publicase no BOP a Convocatoria para para a elección de xuíz de paz substituto en Maside

BOP Premer na Imaxe

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao abeiro do artigo 101 da Lei orgánica do poder xudicial, iníciase o expediente para a elección de xuíz de paz substituto deste concello.

Con este obxecto, ábrese un período de información pública polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no BOP.

Durante ese prazo, os interesados poderán presentar as súas solicitudes nas oficinas municipais.

Condicións dos solicitantes:

– Ser español, maior de idade.

– Non estar incurso en causas de incapacidade previstas no art. 303 da LOPX, así como nas incompatibilidades sinaladas no art. 389 da citada lei.

Documentación para presentar:

– Instancia dirixida a Alcaldía

– Certificación de nacemento ou copia compulsada do DNI.

– Certificación expedida polo Rexistro de Penados e Rebeldes.

– Declaración de non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no art. 303 da LOPJ, así como nas incompatibilidades sinaladas no art. 389 da citada lei.

– Declaración complementaria á que fai referencia o art. 2 da Lei 68/1980, no seu punto 1.

– Xustificación de méritos que poida alegar