Controlados os incendios de Piñor e O Irixo orixinados onte pola tarde e esta mañá

Ilustración 1 Dous operarios fórmanse na extinción de lumes con mangueiras.

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Piñor, na parroquia de Torcela, que permanece controlado dende as 02,32 horas desta madrugada. Este lume iniciábase onte ás 18,26 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan participado 6 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

O lume rexistrado ás 06,30 h. desta mañá quedou estabilizado ás 09,50 h. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No seu control están a traballar 2 axentes, 2 brigadas e 2 motobombas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.