Desde o BNG califícanse as accións publicadas hoxe do PP de Ourense como prácticas mafiosas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bernardo Varela sinala que Feijoo é corresponsábel e cómplice por permitir que estas prácticas mafiosas arraiguen na Provincia de Ourense , por elo debe cesar inmediatamente a Baltar. Xa foi cómplice tamén de permitir chegar a alcaldía a unha persoa á que acertadamente cualificou como “letal para Ourense”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 27 de maio de 2023. Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, condena rotundamente as prácticas corruptas que se ven reflexadas nas últimas novas xurdidas nos medios de comunicación e que salpican ao presidente provincial a través das conversas do seu propio irmán, todo esto só vintecatro horas despois de coñecer como familiares de traballadores da deputación asumen multas de coches oficiais de presidencia.

Mordidas, adxudicacións e  colocacións  a dedo na deputación de Ourense forman parte das mensaxes filtradas aos medios, e evidencian que estamos ante uns feitos que lonxe de ser puntuais constitúen unha realidade estrutural e sistémica na xestión da institución polo PP. O que se viña denunciando reiteradamente, hoxe queda reflexado sinalou Varela

“Unha xestión corrupta da institución ao servizo de intereses persoais e familiares que explican moi ás claras porque Ourense caeu no caos económico, social e demográfico que padecemos.”

 A situación de descontrol e prácticas mafiosas no ente provincial, debería implicar a dimisión voluntaria de calquer representante público inmerso en tales feitos, porén ao non semellar que vaia ser o caso, procede o cese inmediato de Baltar por Feijoo, xa que Rueda é incapaz de exercer calquer tipo de dirección no Partido Popular Galego.

Dende o BNG o luns porase en coñecemento da Xustiza a existencia desta información para que mais alá das responsabilidades políticas se diriman as posibles responsabilidades legais.

O que debera ser unha xornada de reflexión, vese salpicada unha vez máis polos escándalos da Deputación, agardamos que esto non impida unha alta participación nas urnas para rexenerar a Ourense e aproveitar todos os seus recursos a favor da veciñanza.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------