Piublicase hoxe no BOP. Premer na Imaxe

Unha vez vista a acta de cualificacións do Tribunal para constituír unha bolsa de traballo para o posto de limpador/a de edificios municipais, resolvo:
Primeiro. Constituír a bolsa de traballo para o posto de limpador/a de edificios municipais de acordo coa orde de prelación da acta do Tribunal adxunta a este documento como
anexo:
- Vanessa Pérez Vidal
- María Virginia González Álvarez
- María Isabel González Domínguez
- Fátima Barreiro Bernárdez
- Uxía Vázquez Rodríguez
- Pablo Dios Souto
- Sonia Rosendo Fernández
- Ana Vázquez Crespo.
O chamamento realizarase por notificación persoal,
de acordo coa dita orde de prelación e a Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas;
para formalizar o contrato temporal, segundo o Real decreto
lexislativo 2/2015, polo que se aproba o Texto refundido da Lei
do estatuto dos traballadores.
Terceiro. Esta resolución publicarase na sede electrónica do
Concello de Melón e no Boletín Oficial da Provincia de
Ourense.
Asínao electronicamente o alcalde, Emilio Luis Díaz Vidal; do
cal o secretario-interventor acumulado dá fe.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente un recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun
mes desde o día seguinte ao de publicarse no Boletín Oficial
da Provincia de Ourense, de conformidade cos artigos 46, 123
e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas; ou ben
interpor directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense no
prazo de dous meses, que contarán desde o día seguinte ao
de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de
conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da
xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor
o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa
resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por
silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera
outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao
seu dereito.