O concello de Piñor celebra esta fin de semana o 6º RallyMix

Os afeccionados do mundo do motor teñen unha nova cita esta fin de semana, neste caso na nosa contorna. Trátase da sexta edición do RallyMix, organizado polo concello de Piñor. Este evento terá lugar os días 4 e 5 de xuño, dentro do campionato da Xunta de Galicia de RallyMix 2022. Esta será unha das diversas actividades deportivas que levará a cabo este concello, nun ano de recuperación que se nota no alto número de participantes en todas elas.

O próximo sábado, dende as 08:30 horas ata as 10:30 horas realizaranse as verificacións técnicas. Ás 12:15 horas dará comezo a proba ca saída do primeiro participante no treito cronometrado. No caso do domingo, a proba comezará ás 10:00 horas co comezo da 4ª pasada.

PUBLICIDADE ELECTORAL