O Concello de Ribadavia debatirá a mobilización de 100000 € para a cobertura de gastos fixos de autónomos e P.E.M.E.S

O xoves 7 de maio celebrarase un Pleno extraordinario para aprobar unha modificación orzamentaria, proposta polo goberno municipal, que permita mobilizar 100.000 € para dotar esta primeira liña de axudas que se enmarca no contexto do Plan de Apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia.

O concello de Ribadavia, mobilizará 100.000€ para a cobertura de gastos fixos de autónomos e P.E.M.E.S. Para levar adiante esta medida, o xoves 7 de maio celebrarase un Pleno extraordinario para aprobar a modificación orzamentaria, proposta polo grupo de goberno, que permita mobilizar 100.000 € para dotar esta primeira liña de axudas que se enmarca no contexto do Plan de Apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con esta liña de axudas preténdese contribuir a costear os costes fixos de autónomos e P.E.M.E.S. que están atravesando dificultades dende a declaración de estado de alarma, como consecuencia da Pandemia do COVID-19. Esta primeira liña de axudas pretende ser complementaria ás liñas que vaian implementando outras administracións, de tal xeito que se poida contribuir dende o concello a facer unha aportación económica que permita axudar a autónomos e pequenas empresas a facer fronte aos seus gastos fixos nun momento no que os seus ingresos se viron profundamente diminuidos ou, en moitos casos, desapareceron totalmente.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “A idea é establecer unha primeira liña de axudas directas por este importe total de 100.000 € para cobertura de gastos fixos e, posteriormente, en función do estado de execución orzamentaria, poderanse implementar novas liñas de axuda para completar unha intervención integral de apoio ao tecido empresarial e comercial de Ribadavia”

César Fernández sinalou que “dende o goberno presentámoslle aos grupos municipais unha proposta de modificación de crédito polo importe de 100.000€ para asumir costes fixos de autónomos e P.E.M.E.S. coa intención de establecer unhas axudas individuais dun importe lineal de 300€ por beneficiario. A nosa intención é a de establecer unha primeira liña de subvención que permita, dun modo áxil e rápido, chegar ao maior número de beneficiarios posible, para apoiar de modo inmediato ao tecido empresarial e comercial de Ribadavia. Para isto, estamos a traballar nunhas bases reguladoras do procedemento de concesión das subvencións que nos permitan xustificar dun modo amplo o destino dos recursos achegados á finalidade ou obxecto da subvención. Nesta liña de axudas, pretendemos subvencionar gastos inherentes a actividade, funcionamento e mantemento da empresa ou actividade, como alquiler ou gastos hipotecarios, dixitalización do negocio, nóminas, marketing e publicidade, mantemento e reformas do local, suministros ou materias primas ou finalidades equiparables.”