A autovía entre Ourense e Dozón (AG-53) estará cortada ao tráfico do luns ao xoves, polo que se recomenda a circulación pola N-541 dende O Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Inicio das obras de acondicionamento e reforzo do viaduto da autovía Dozón-Ourense (AG-53) sobre o río Barbantiño farán necesario o corte total deste treito, a partir desde o vindeiro luns, día 6 de xullo, e terá unha duración de entre tres e catro días.

Nesta obra inclúese a realización previa dunha proba de carga de estado actual da estrutura, como medida adicional de contraste do comportamento da estrutura e do modelo de cálculo realizado sobre as inspeccións realizadas sobre o mesmo.

Deste xeito, a próxima semana está prevista a execución desta proba de carga. Estes traballos deben executarse nunha única fase, realizando probas con camiones en posición centrada e camiones en posición excéntrica. Posto que este viaduto está formado por un taboleiro único, non é posible cortes de carrís ou de calzada alternos, sendo a única solución posible o corte total da AG-53.

A afección ao tráfico será en ambos os dous sentidos e comezará este luns 6 de xullo e terá unha duración máxima de catro días, ata o xoves 9 de xullo, inclusive. Cada día o corte comezará sobre o 8,00 horas e levantarase sobre o 19,00 horas.

Así, posto que resulta inviable transferir o tráfico pola calzada contraria, polo posicionamento necesario dos camiones en ambas as calzadas, é necesario realizar o corte de ambas as calzadas afectando o tramo da AG-53 comprendido entre a ligazón coa AG-54 (punto quilométrico 78,5) e a conexión con A-52 e OU-402 (punto quilométrico 87,2).

Como alternativa para os usuarios da vía, desviarase o tráfico da AG-53 en sentido Ourense pola AG-54 (a través da saída 75 da AG-53), N-541 (a través da saída 1 da AG-54 -ligazón de Maside- e variante de Maside), e N-120, desde a que se poderá incorporar á A-52 para continuar en dirección Ourense ou en dirección Vigo.

Do mesmo xeito, para o desvío en dirección Santiago, cortarase o acceso á AG-53 na saída 240 da A-52, desviando o tráfico dirección Santiago pola saída 241 da A-52, canalizándoo a través da N-120, nun percorrido oposto ao desvío de tráfico dirección Ourense indicando con anterioridade.

Tanto na AG-53 como na AG-54 e na ligazón de Maside dispoñerase da sinalización oportuna, para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo:

Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/ic2lomrvu9exuyal7

Percorridos alternativos:

Desde Santiago (AG/AG-53): https://maps.app.goo.gl/vgw97jrwn7bvchy79

Desde O Carballiño (AG/AG-54): https://maps.app.goo.gl/srlgsyr293gwne8x6

O proxecto

A Xunta adxudicou por un investimento de máis de 2,6M€ esta obras de acondicionamento e reforzo do viaduto da autovía Dozón-Ourense (AG/AG-53) sobre o río Barbantiño. A través desta actuación, trátase de levar a cabo distintos traballos de reparación e conservación no interior do taboleiro e na cara exterior da lousa superior do viaduto, do Barbantiño, no tramo da ligazón de Cea-enlace coa OU-402 e a A-52, entre os puntos quilométricos 81+134 e 81+914.

Os traballos teñen como obxectivo devolver a estrutura ao estado de durabilidade correspondente aos anos de servizo da mesma. Este viaduto foi inaugurado e posto en servizo o 25 de abril de 2009. As obras que se executarán enmárcanse principalmente dentro do termo municipal de Punxín e parte do termo municipal de Amoeiro.

Esta nova intervención na AG/AG-53 enmárcase no programa pioneiro impulsado pola Xunta de inspección e redacción de proxectos de conservación de estruturas e obras de paso das estradas autonómicas, co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil destas mediante actuacións de conservación preventiva.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------