O festival Ourenrock Sound encheu de música Ribadavia

IES CHAMOSO LAMAS

O auditorio do castelo acolleu este domingo a quinta edición do festival “OurenRock Sound”. Actuaron os artistas Xoel López, Sés, e Os amigos dos músicos coas entradas xa esgotadas dende hai días.

O evento musical celebrouse respectando as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias como o uso obrigatorio de mascarilla ou a prohibición de fumar nas cadeiras do auditorio. Durante o evento houbo camareiros polas gradas para que os asistentes non tiveran que levantarse e aglomerarse na barra para pedir as consumicións.

OZOCOgz Deseño Galego

Yolanda Gómez, a concelleira de Cultura de Ribadavia explicou o traballo de organización deste evento que contou para implementar as medidas cunha empresa de seguridade ademais dos voluntario de Cruz Vermella.