A Ordenanza de Emerxencia Social segue sen estar aprobada polo Concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA DO PP do CARBALLIÑO

ESTÁN SEN RESOLVER AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO GRUPO POPULAR DENDE O 8 DE XULLO DE 2019.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

UNHA TOTAL INCOMPETENCIA QUE PRIVA Á VECIÑANZA DUNHA FERRAMENTA SOCIAL IMPRESCINDIBLE.

O GRUPO POPULAR PEDIRÁ RESPONSABILIDADES POLITICAS QUE SERÁN OU DO ALCALDE OU DA CONCELLEIRA DE IGUALDADE E SERVICIOS SOCIAIS POLO RETRASO ACUMULADO.

Fai 764 días dende o 1 de febreiro de 2018 que se aprobara en pleno o poder ter unha ordenanza de Emerxencia social a petición do Grupo Popular.

Tardaron 455 días ata o 2 de maio de 2019 en ter aprobado inicialmente esta ordenanza en pleno.

E agora levan 242 días sen contestar as 6 alegacións que se presentaron o 8 de xullo de 2019.

E sendo esto grave, unha partida que no seu día o Alcalde Fumega comprometía en 40.000 euros anuais, quedou en 20.000€ no ano 2019 e pasa a 10.000€ nos orzamentos previstos para o ano 2020 e con todo, motivado da falta de ordenanza, resulta que durante o ano 2018 só se gastaron 300€ e no 2019 foron 1.854,85€.

O concello do Carballiño, así segue a derivar a todas/os las veciñas/ños que precisan de axudas, para solventar situacións puntuais de emerxencias que poden cubrir gastos como aluguer, recibos de luz, auga ou teléfono, ou situacións transitorias á espera de axudas doutras administracións, a asociacións beneficas como Caritas e Cruz Vermella que fan unha laboura encomiable, e que a subvención que lles da o Concello do Carballiño, tería que ser para cubrir gastos de funcionamento.

Nunha sociedade moderna e solidaria, ten que estar o Concello para estas necesidades e non deixando a responsabilidade en asociacións benéficas.

Dende o Partido Popular pedimos que de unha vez por todas se remate este expediente de ordenanza de emerxencia social, para que poida ser de aplicación canto antes, e pedirá non obstante as reponsabilidades a quen corresponda, pois parécenos, canto menos, un acto de irresponsabilidade.