O programa “Xuntos polo Nadal” volve á Residencia de Tempo Libre

A Xunta reactiva este ano o programa “Xuntos polo Nadal”, que se desenvolverá na Residencia de Tempo libre do Carballiño e ofertará un total de 246 prazas, do 21 de Decembro de 2021 ao 7 de Xaneiro de 2022.

O programa permite que as persoas que viven soas teñan con quen compartir esas datas tan especiais, e ofrecerá este ano dúas quendas de 8 días cada unha, o que permitirá duplicar as prazas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Outra das novidades serán a gratuidade do programa para as persoas beneficiarias e a obrigatoriedade de estar vacinados contra a covid-19.

A iniciativa inclúe a manutención completa, desprazamentos ata a residencia e un amplo programa de actividades de animación e tempo libre. Darase prioridade ás persoas de máis idade, ás que perdesen recentemente aos seus cónxuxes ou a persoa coa que convivisen e ás que non participasen antes no Xuntos polo Nadal. O prazo de solicitude, salientou que estará aberto ata finais de mes e se poderá realizar tanto a través da web como presencialmente.