A Deputación colabora no XIII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”

Ourense acolle este fin de semana a XIII edición do Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”, organizado un ano máis polo Circulo Poético Ourensán coa colaboración da Deputación. 

O vicepresidente primeiro provincial, Rosendo Fernández, presentou no Marcos Valcárcel esta cita cultural acompañado polo presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade; a secretaria do Círculo Poético Ourensán, María González; e os poetas mexicanos Irma del Ángel e Eduardo López.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste décimo terceiro encontro participarán os poetas Xavier Eduardo López, de San Luís Potosí – México; Fabio Dacosta, de Ourense; Irma Ruth del Ángel, de San Luís Potosí – México; Katia de Nacemento, de Brasil; e Sergio Acedo, de Portugal. 

Programación do XIII Encontro Internacional

A programación do XIII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio” arrancará o venres 2 de xuño ás 10,00 horas con visita dos poetas aos colexios ourensáns Josefinas, Mestre Vide e Cisneros. Pola tarde, ás 20,00 horas, celebrarase un concerto recital no centro comercial Ponte Vella. 

O sábado, pola mañá a partir das 11,30 horas desenvolverase un roteiro poético polo casco histórico da cidade con saída do Parque San Lázaro. E xa pola tarde, ás 19,30 horas será lugar a  Gala de Círculo Poético Ourensán no Liceo de Ourense. E o domingo 4 as 12,30 horas, celebrarase un recital poético no Pazo de San Damián. A entrada a todos os actos será libre e de balde.