O Festival do Ukelele amplía o aforo para a súa quinta edición deste sábado

O Festival do Ukelele, UKP Day, celébrase dende fai cinco anos en Ribadavia o día 5 de xuño. Este ano, manterán a súa celebración, con aforo limitado. O cartel conta ca presencia de Enric Montefusco, ex lider de Standstill, que acudirá en formato solo, nun concerto íntimo con cancións dos seus últimos discos en solitario e no que estará acompañado nalgún dos temas por un artista de ukelele local. Os galegos Néboa presentarán o seu disco de debut con temas adaptados para a ocasión.

As entradas sacáronse a venda e vendéronse en apenas dúas semanas. Ca nova normativa para eventos, poden ampliar o aforo do Castelo, polo que amplían a venda de entradas.

AVANTAR ACTIVIDADES