Sanidade reforza as inspeccións de saúde para asegurar o cumprimento das medidas

medidas contencion coronavirus

A Consellería de Sanidade reforzou as visitas a lugares públicos e de actividades comerciais para comprobar que se cumpren as medidas. No mes de febreiro visitáronse un total de 4.100 locais, entre eles 2.300 de alimentación, 250 centros comerciais e prazas de abastos, 580 instalacións deportivas e 765 locais de hostalaría. Máis de 200 inspectores de saúde pública comprobaron que o 31% dos locais estaban pechados polas restricións, o 38% cumprían todas as medidas e o 31% presentaban deficiencias ou incumprimentos, dándolle prazos para poder emendalos.

Publicidade

O obxectivo da campaña é asesorar e mellorar o cumprimento das medidas, en especial o control da capacidade, distancias ou uso de máscara.