O Carballiño reduce a 16 os casos de violencia de xénero en seguemento

Hoxe tivo lugar a reunión da Mesa de Coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero do Concello do Carballiño, que foi convocada pola Concellería de Servizos Sociais do Carballiño, e contou ca presenza de María Alida Iglesias, Xefa da unidade provincial de violencia sobre a muller.

Esta mesa ten como obxetivo fundamental mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia de xénero.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada ano, O Carballiño celebra dúas mesas coma a de hoxe. Con respecto ó semestre pasado, reducíronse os casos activos na contorna, ata os 16 actuais, aínda que é unha data que varía de xeito continuo.

A citada mesa está constituída por diferentes administracións tales como o Concello do Carballiño, Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, Centro de Saúde, Centros Educativos Posto da Garda Civil do Carballiño, Xuzgado e Subdelegación do Goberno de Ourense.