PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE SAN CRISTOVO DE CEA, PIÑOR E VILAMARÍN
Por Resolución da Alcaldía, do 25 de novembro de 2024, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal docente e de apoio, do proxecto do obradoiro dual de emprego denominado “Vía da Prata IV”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.
Clase de persoal: laboral temporal. Duración: 9 meses.
Prazas convocadas: persoal docente en albanelería. Tramitación: urxente.
Prazo de presentación de solicitudes: nos dous días naturais seguintes aos da publicación do presente anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo
16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.
Poderán consultar mais información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anun- cios, na paxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.