A Deputación colaborará coa Asociación de Pulpeiros do Carballiño para potenciar un dos sinais de identidade da nosa provincia

Reunión Manuel Baltar (Presidenta da Deputación Ourense) cos membros a Asociación de Polbeiros de Ourense. Asisiten Roberto Pereira González (Presidente), María del Mar Lage López (Secretaria) e Jesús Pereira Touriño (VicePresidente 1º).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión co presidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Roberto Pereira, e cos membros da directiva desta entidade Suso Pereira e María Lage, recentemente elixidos para asumir as responsabilidades de xestión da asociación, unha xuntanza na que o presidente do goberno provincial comprometeuse a apoiar desde a Deputación iniciativas “para potenciar o polbo, unha “marca” da provincia de Ourense”, destacou Baltar.

Publicidade

Entre os temas que abordaron figuran aspectos como a imaxe corporativa deste produto gastronómico que representa a Asociación de Pulpeiros do Carballiño, para incluíla en carpas vestimenta e material promocional, pois “o produto e o xeito de cociñalo e preparalo por parte dos polbeiros son un sinal de identidade do noso pobo; de aí que a Deputación de Ourense se amose favorable a coñecer o plan de acción da asociación e a cooperar no desenvolvemento das actividades que o integran”, salientou Baltar, quen os felicitou pola súa recente elección e desexoulles moitos éxitos na súa xestión.