Ribadavia ascende a 46 casos activos, cun importante brote no asilo

O concello de Ribadavia presenta unha xornada preocupante, pasando dos 27 casos do venres ós 46, motivados pola detección dun gromo no asilo. O resultado das últimas probas, segundo informaban dende a residencia Nosa Señora dos Anxos, deixa 16 positivos máis, o que xa suma 23 en total entre usuarios e persoal. Dos usuarios, 5 están ingresados no CHUO e todos os familiares están informados da situación.

Publicidade

A subida de casos en San Cristovo de Cea tamén se debe a casos en residencias. Hai 6 positivos, deles unha traballadora e cinco usuarios, todos asintomáticos. Esta semana realizarán o cribado de novo.