A Confederación do Miño-Sil mellorará o saneamento e depuración de Coles

IES CHAMOSO LAMAS

José Antonio Quiroga, presidente da
Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo
dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, e Manuel Rodríguez, alcalde de Coles,
rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará o financiamento,
execución e entrega das obras de “Mellora do saneamento e bombeo de augas
residuais en Sequeiros, TM Coles- Ourense”
José A. Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis
de 1.335.000€, será sufragado de acordo ás porcentaxes, 70%, 16,64 %,
13,36 %, polo Estado a través da CHMS, Concello de Coles e Concello
de Ourense, respectivamente.
O presidente da CHMS mostrou a súa satisfacción pola firma deste
Convenio, a través do que se evitarán as verteduras recorrentes ao arroio Lusín.
Nota de prensa


Actualmente, gran parte da poboación do municipio de Coles verte as augas
residuais a unha fosa séptica de formigón armado situada ao sur do núcleo de Soutullo
de Abaixo, que se atopa en moi malas condicións e a vertedura realízase
directamente ao arroio Lusín, sen unha depuración efectiva previa, a uns 2
quilómetros da súa desembocadura, na marxe dereita do río Miño.
O obxectivo da actuación é a execución dunha rede de colectores que recollan
as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín ao sur de Soutullo
de Abaixo para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser
conducidas ata a rede de saneamento de Ourense.
Esta actuación require, ademais, a realización de obras na rede de Ourense
que permitan ampliar a capacidade das conducións actualmente existentes e
que posibiliten a conexión destas novas verteduras á EDAR.
“Con este Convenio ponse de manifesto, unha vez máis, que a colaboración
entre Administracións é fundamental para conseguir un uso sostible dos
recursos; concretamente neste proxecto aproveitarase o sistema de saneamento,
construído recentemente no Concello de Ourense e dotado de tecnoloxía
punteira, para poñer fin aos problemas recorrentes de verteduras que
ten o municipio de Coles, limítrofe coa capital ourensá”, concluíu
Quiroga.

OZOCOgz Deseño Galego