O Concello do Carballiño xa ten no seu poder o proxecto para a remodelación integral da Praza de Abastos, unha obra que suporá un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros e que será financiada pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense.
O proxecto foi presentado hoxe no salón de plenos do Consistorio polo alcalde en funcións, José Castro, e a concelleira de Comercio e Emprego, Diana González. O rexedor accidental salientou que “será unha reforma integral do edificio para conquerir unha praza en condicións para O Carballiño, que sexa unha praza viva na que se combinan os postos de venda cunha área de lecer”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Diana González lembrou que o proxecto nace ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Comercio para a conversión das prazas de abasto en ‘mercados excelentes’, un proceso “que iniciamos no ano 2024 coa elaboración dun anteproxecto e unha diagnose e xa no 2025 concretamos con este proxecto final de reforma e cun estudo para o traslado dos praceiros mentres duren as obras”. A edil de Comercio engadíu que o protocolo de colaboración recentemente asinado pola Xunta e a Deputación para a transormación das prazas de abastos da provincia en ‘mercados excelentes’ fai posible agora a execución das obras.
O novo deseño plantexa para a Praza de Abastos unha planta baixa cun total de 20 postos de venda máis amplos en superficie e outra superior adicada á gastronomía e restauración a xeito de “dinamizar o mercado con actividades complementarias de lecer”.
















