O Depor Campus Terras de Maside remata unha nova edición de fútbol e diversión

IES CHAMOSO LAMAS

O Depor Campus Terras de Maside comezou o pasado luns e rematou esta mañá ca xornada de despedida, con agasallos para os máis pequenos. Nestas xornadas de deporte, os nenos recibiron unha nova equipación e desfrutaron do fútbol, aprendendo e divertíndose ó mesmo tempo.

Noutras ocasións este campus xa foi un éxito de participación, e neste caso aínda máis, xa que conseguiron un total de 50 rapaces, a maior cifra dende que se puxo en marcha este proxecto.

OZOCOgz Deseño Galego

Tamén, dende a Escola Deportiva Terras de Maside, recordan que o prazo de matrícula para a vindeira tempada aínda está aberto, para todos aqueles que queiran inscribirse.