O PSOE de Leiro pide que se fomente a venda de vivendas

O PSdeG-PSOE atraves do seu Portavoz Municipal  ven de propoñer atraves de unha moción para que se poña en servizo unha aplicación de anuncios de venta ou aluguer de propiedades na páxina web do Concello de LEIRO co fin de atraer a novas familias.

Publicidade

Aseguran que atopamonos diante de tempos díficiles económicamente falando para as familias como para as propias administracions. Polo tanto cren que é o momento de xuntar esforzos e compartir servizos e establecer actuacións conxuntas de colaboración onde as administracions máis cercanas os cidadáns como son  os concellos deben poñer o seu servizo os seus recursos.

Aseguran que son moitos os veciños que por motivos ben diversos e diferenciados teñen que emigrar cara outros lugares na procura principalmente de oportunidades laborais e na busca de outros servizos que o concello non lle ofrece. Outros simplemente deixan de vir os pobos polo falecemento dos seus proxenitores.

En varias destas situacións vense na obriga de desfacerse das súas propiedades na terra que os viron nacer para comenzar unha nova vida noutro lugar. Estase a incrementar moito esta situación na que podemos atopar anuncios de venda ou aluguer de propiedades en calquer pobo do concello.

Aseguran que unha das prioridades deste concello pola gravidade que está a tomar o asunto tratado, debería ser a de fixar poboación ou mesmo aumentala para evitar un despoboamento continuado do rural que fará nun tempo non moi lonxano que moitos dos nosos pobos estén abandoados e sen ningún veciñ@ que os habite.

Por este motivos os socialistas de Leiro solicitan do Concello a colaboración a través do seu servizo da páxina web, para que ofrezca a posibilidade de anunciar a venda ou aluguer de casas, fincas ou outras propiedades mediante esta ferramenta tecnolóxica a que accede xa unha gran maioria da poboación dende calquer lugar, polo cal se facilita que outros potencias veciñ@s teñan acceso a esta información e poidan fixar a súa residencia no noso concello.

O voceiro socialista Manuel Rodríguez, afirma “que estas propostas atraves de unha moción presentase co fin, de xuntar esforzos e compartir servizos por medio da administración local”. “Non só deberiamos manter a poboación que xa temos, senon aumentala para evitar un despoboamento continuado no rural”, un feito que sinala o portavoz e que “provocará que os nosos pobos estean abandonados a curto prazo”, por iso temos que tomar este tipo de iniciativas e propostas.