A comarca estabiliza os contaxios, repetindo os datos de onte

O Concello do Carballiño baixa un caso na xornada de hoxe para situarse de novo nos 10 casos activos. Isto amosa que a situación está estabilizada en canto a contaxios novos e altas, cunha cifra que se remonta a inicios do mes de setembro. A comarca mantén os casos globais, con 55 persoas contaxiadas.

O foco preocupante segue en Beariz, a pesar de que na xornada de hoxe mantén os mesmos casos ca onte, 34. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Trátase do foco que reúne a maioría dos casos da comarca. O resto de concellos mantéñense estables. Boborás conta a día de hoxe con dous positivos; Maside ten un total de catro contaxiados; O Irixo ten un caso; Piñor mantén tres casos activos e San Cristovo de Cea mantén un caso. Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES