Este sábado, Superdeportivos Vila do Carballiño

O Carballiño ten unha nova cita co mundo do motor. Neste caso, este vindeiro sábado celébrase a sexta edición de Superdeportivos Vila do Carballiño. Como nas últimas edicións, a Praza Maior reunirá a un centenar de vehículos de alta gama, valorados en varios millóns de euros, e algúns de prezos tan desorbitados como o medio millón de euros.

A iniciativa está organizada por Santiago Pereira, propietario do restaurante tapería Plaza, dende as 10:00 horas, con exposición de vehículos. A Ruta dará comezo ás 12:30 horas e o xantar en torno ás 14:00 horas. Coma sempre, haberá moitas máis sorpresas.

AVANTAR ACTIVIDADES