Juanjo Nogueira do Carballiño danos a súa opinión como investigador en Madrid

Publicidade ASPADISI

O noso veciño Juan José Nogueira Pérez é profesor e investigador da facultade de ciencias na Universidade Autónoma de Madrid. E amósanos a perspectiva que ten dende a capital de España onde reside nestes momentos.

Se nos comparamos con Italia os casos son máis numerosos; polo que o peor inda está por chegar. En días como estes de confinamento é moi importante manter rutinas xa que nos esperan uns días na casa podendo saír so por necesidades esencias como pode ser ir o supermercado ou a farmacia. Non podemos olvidarnos de que por exemplo en China o confinamento foi de tres meses e a día de hoxe teñen controlada a situación.

HIPER MASIDE

A situación que vive Madrid é preocupante xa que nos hospitais da comunidade de Madrid os recursos excasean; provocando que profesionais sanitarios non conten con equipos de protección como poden ser as mascarillas, isto conleva que o persoal sanitario se contaxie.

En Galicia os casos son menos numerosos igual que a tasa de mortalidade que é dun 1%; tasa inferior o resto de España; pero tamén hai que ter en conta que o virus produxo os seus primeiros contaxios máis tarde que noutras comunidades autónomas. Nas próximas semanas contaremos cun aumento de casos, inda que podemos decir que a situación da pandemia en Galicia está máis controlada.

Como lección desta situación debemos de aprender que os recortes de sanidade nunca conlevan nada bó. O investimento en sanidade en España viuse mermado nos últimos anos chegando a ser o 6% po PIB, estando por debaixo de países da Unión Europea, por exemplo o país veciño, Francia conta co 12% do PIB. Está claro que contnado sanidade con maior orzamento esta situación sería mellor; xa que habería máis camas, máis profesionais e máis recursos en xeral.