Detéctanse dous casos de Covid-19 en Barbadás importados do País Vasco

IES CHAMOSO LAMAS
  • Os dous novos casos xa illados a domicilio corresponden a dous mozos que viaxaron desde o Pais Vasco de momento con síntomas leves
  • O equipo de rastrexadores identificaron a vintetres contactos estreitos, neste intre asíntomáticos e xa en corentena de catorce días, para monitorizar a súa evolución

A detección de dous novos casos positivos de Covid19, dous mozos do Concello de Barbadás procedentes do País Vasco, xa illados a domicilio e con sintomatoloxía leve, puxo en marcha o protocolo de seguemento dos seus contactos estreitos, polo que neste intre xa están en corentena de catorce días para monitorizar a súa evolución as 23 persoas identificadas polo equipo de rastrexadores.

Datos actualizados en Galicia

HIPER MASIDE

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 180, deles 43 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 4 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 31 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 170 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.197 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 240.281. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.