O Inorde e o proxecto europeo CRinMA continuarán cooperando para revalorizar o patrimonio das áreas de montaña

IES CHAMOSO LAMAS

 Os socios do proxecto CRinMA, entre os que se atopa o Inorde e outras entidades procedentes de Polonia, Eslovaquia, Portugal e Italia, reuníronse hoxe co obxectivo de valorar o seu grao de execución e propuxeron dar continuidade a esta iniciativa mediante a nova convocatoria do Interreg Europe para capitalizar proxectos en marcha. A implicación dos grupos de partes interesadas permitiu constatar a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial nas áreas de montaña e a necesidade de abordar conxuntamente problemas comúns en todas as rexións do proxecto.

Na xuntanza participou a técnico do Inorde, Rocío Gómez, que xunto aos representantes de ADRAT, Marco Fachada e Alexandrina Martins,; e ao representante da Cámara Municipal de Montalegre, Fernando Moura, reuníronse dende a sede de ADRAT (en Chaves) co resto dos socios do programa vía telemática. Durante este encontro foron moderadas dúas salas de reunións para abordar plans de futuro en base ao aprendido neste proxecto.

HIPER MASIDE

O proxecto europeo CRinMa. cofinanciado polo Programa Interreg Europe, ten como obxectivo mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña, o cal implica a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais, e tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en melloras políticas e programas no futuro.

Unha das principais accións deste proxecto era a elaboración e monitorización dun Plan de Acción que axudara a mellorar a política pública que no caso do Inorde foi escollida o POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Territorial España Portugal). Este Plan de acción que se enviou a comezos do 2020 obtivo o visto bo da Autoridade de Xestión do Programa, Ministerio de Facenda e, tívose en conta para o novo Programa de Cooperación 2021-2027 actualmente en fase de redacción.

Ademais do Inorde son socios deste proxecto a rexión Podkarpackie (Polonia), a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Presov (Eslovaquia), o municipio de Montalegre (Portugal), e a Unión de Municipios de Montaña Piedmont-uncem Piedmont (Italia) e a rexión de Malopolska (Polonia).