A Confederación Miño-Sil mellorará o saneamento do núcleo de San Cristobo (Ribadavia)

Compromiso adquirido polo presidente José Antonio Quiroga nunha visita institucional á vila do Avia na que foi recibido pola nova alcaldesa, Noelia Rodríguez

O Organismo de conca iniciou a redacción o Convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións

O investimento necesario estímase en 768.000 € que serán sufragados entre ambas as administracións, 80% CHMS e o 20% restante o Concello de Ribadavia

Publicidade Premer na Imaxe

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, emendará as deficiencias de sanemiento do núcleo de San Cristobo (Ribadavia).

José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, realizou unha visita institucional a Ribadavia, na que foi recibido pola nova alcaldesa do municipio, Noelia Rodríguez, e por varios membros da corporación municipal.

Despois da reunión mantida na Casa do concello onde se trataron todos os asuntos importantes para o municipio, realizouse unha visita ao núcleo de San Cristovo, no tramo urbano da estrada de Carballiño, para comprobar “in situ” una das problemáticas expostas relacionada coas deficiencias de saneamento nesta zona.

O presidente do Organismo comprometeuse a colaborar co Concello e dar solución a este problema que xera verteduras recorrentes ao leito e, para iso, a CHMS redactará un convenio de colaboración que posibilitará a licitación, a redacción dun proxecto construtivo e á execución das obras, así como, o seu financiamento e posterior entrega ao goberno municipal.

O investimento necesario estímase en 768.000 € dos cales 614.400 € serán achegados pola CHMS e os 153.600 € restantes polo concello de Ribadavia, o que corresponde cunhas porcentaxes de cofinanciamento do 80% e 20% respectivamente.