A Escola Municipal de Fútbol manterá a actividade adaptada ás novas restricións

O concello do Carballiño anunciou hoxe que a escola de fútbol municipal prosigue a súa actividade, adaptada á normativa vixente.

A escola de fútbol, de momento, seguerá funcionando, cumprindo as novas normas de seguridade, perímetro e toque de queda, e anuncian que irán informando segundo vaian evolucionando os contaxios no concello. Esta aclaración débese a nova restrición para o deporte federado, que non poderá seguir a súa actividade en Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Poderán realizar a súa actividade con máximo de catro persoas por grupo, excluído o monitor, sen contacto físico e sen superar o máximo do 50% da capacidade do espazo. Non estarán dispoñibles os vestiarios nin as duchas, podendo habilitarse algún espazo auxiliar. O que si quedan suspendidas son as competicións a nivel autonómica destes grupos.